Vistas de página en total

miércoles, 1 de noviembre de 2017

DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL

Non sei nin como comezar esta reseña. O libro que teño entre as mans marcoume tanto, foi tan especial, que non son quen de expresar agora con verbas o que supuxo o proceso creativo de Deixe a súa mensaxe despois do sinal. Foi un proceso doloroso. As miñas mulleres tocáronme moito. Chorei e rin con elas. Tocáronme tanto, que incluso despois de ter rematado a novela, seguín enganchada a elas moito tempo. Volvía recurrentemente a estas mulleres. A Carmela, a Sara, a Viviana e a Marina. Mulleres que nada teñen que ver comigo e que, pola contra son coma todas nós. Xa van varias persoas, que, tras lelo, me dixeron, elas teñen un pouco de todas nós. Si que é así.





Pouco máis teño que dicir. Esta novela pon de manifesto unha das miñas obsesións coma escritora. A ausencia de comunicación entre as persoas na era en que a tecnoloxía pon á nosa disposición todos os medios para que esa comunicación flúa. E só que, ás veces, o fluxo de comunicación é unilateral ou, non o sendo, ráchase por causas inesperadas. E tras rematar esta novela, quédame claro que a escrita é o meu contestador co mundo. Tan só podo agradecer a todos os que, ao cabo do libro están aí para escoitarme.